About us

Na Aldea Biomarket poñemos ó teu alcance un mundo de produtos sans, auténticos e sostibles.

La Aldea Biomarket nace dun desexo, o desexo dunha familia de facer chegar a cada vez máis persoas produtos coma os de antes, totalmente naturais e sen engadidos químicos perxudiciais para a saúde e para o contorno.

Na Aldea Biomarket cremos na agricultura ecolóxica, na alimentación local sempre que sexa posible, e nos alimentos sen manipulación química.

Por iso, na Aldea Biomarket prestamos grande atención á orixe de tódolos nosos produtos, todos ecolóxicos certificados. Estamos en contacto regular cos nosos proveedores, coñecemos as súas orixes e os seus criterios para elaborar os seus produtos. Asistimos a feiras ecolóxicas para coñecer de primeira man novos produtos e os seus produtores.

Na Aldea Biomarket cremos que alimentar hoxe ben ás nosas familias será bo para mañá para elas a para as xeracións por vir.

La Aldea Biomarket é un concepto novo de supermercado, no que ademais de poder facer unha compra saudable nun contorno coidado e acolledor, tamen poderás almorzar, xantar ou merendar, ben en compañía ou ben lendo un libro ou navegando por internet. Contas ademais co seu equipo enteiro de profesionais a túa disposición para aclarar calqueira dúbida ou consulta que poidas ter sobre calqueira produto. E o que é máis sorprendente, tamén tes un servizo de tratamentos de masaxe onde podes relaxarrte ou tratar calqueira tipo de doenzas, contraturas musculares, dor lumbar, cefaleas, pernas cansas, etc… porque unha boa saúde tamen require un bo estado físico-emocional.

test

Por qué BIO?

Elexir produtos ecolóxicos para a nosa alimentación y para nosa familia é elexir produtos seguros, nutritivos, auténticos e saborosos. Os produtos ecolóxicos certificados asegúrannos que:

  • - Os cultivos non foron rociados con pesticidas ou outros compostos químicos.
  • - Os produtos non foron xenéticamente modificados.
  • - Os alimentos manteñen as suas cualidades intactas, estan cheos de vitaminas, minerais e outros nutrintes vitais, asi coma o seu aroma e sabor natural
  • - A comida está libre de colorantes artificiais, saborizantes, números E, graxas hidroxenadas e OMG.
  • - Os animais están coidados, alimentados de xeito adecuado e criados ó aire libre. Tampouco se lles suministraron antibióticos para combater enfermidades, xa que os restos dos mesmos poden rematar nos alimentos e no noso organismo.
  • - As rotacións regulares dos cultivos aseguran un chan máis fértil para a producion dos alimentos que comemos.
  • - Todo-los alimentos teñen un mellor sabor.

Na Aldea Biomarket só temos produtos ecolóxicos certificados, porque cremos que a única maneira de garanter a máxima calidade do produto.

Calqueira destes selos garantizan que todo-los e toda-las empresas que os comercializan cumpren todo-los requisitos de calidade.

  • Certificado Europeo
  • Agriculture biologique
  • BIO nach EG-Öko-Verordnung
  • Antiguo certificado europeo
  • Consell català de la producció agrària ecològica - CCPAE
  • Consello regulador da agricultura ecoloxica - Galicia
  • Critères Qualité Certifiés
  • BDIH - Kontrollierte Natur-Kosmetik
  • Demeter agriculture bio-dynamique
  • Eco Cert
  • FSC
  • Ecolabel para la Unión Europea
  • Soil associaton organic standard
  • USDA Organic

A túa saúde e a da túa familia comezan aquí, na Aldea Biomarket, porque só aquí poderás atopar todo o que necesitas para unha alimentación sá, segura e de calidade, asi coma todo tipo de de produtos para o aseo e o coidado da pel, o fogar e as mascotas, tamen naturais e seguros.

Na Aldea Biomarket poderás facer a túa compra diaria igual ca en calqueira supermercado convencional, ca diferencia de que aquí sempre terás a tranquilidade de saber que todo o que estás elixindo é o mellor para a túa saúde e a da túa familia.

test

Na Aldea Biomarket atoparás:

  • - Froita e verdura
  • - Panadería
  • - Carnicería ó corte
  • - Leite de vaca, cabra ovella e todo tipo de leites vexetais.
  • - Iogures e postres lácteos e non lácteos.
  • - Charcutería e queixos.
  • - Alimentación seca.
  • - Conservas
  • - Mel e marmalada.
  • - Zumes e bebidas
  • - Cereais
  • - Alimentación infantil
  • - Golosinas
  • - Produtos para o fogar
  • - Produtos para mascotas
  • - Libros e música

Pero ademais, algunhas seccións que difícilmente poderás atopar nos supermercados convencionais:

  • - Macrobiótica.
  • - Proteína vexetal.
  • - Complementación e suplementación nutricional.
  • - Produtos sen gluten, sen azucre e sen lactosa.

E para facerte a vida máis fácil...cociñamos para ti. Almorza, xanta ou merenda con nós ou se o prefires, leva a comida xa feita á túa casa.

E por último e máis sorprendente, dispoñemos dunha cabina de masaxe para tratamentos de de masaxe e beleza, porque unha boa saúde tamen require un bo estado físico-emocional.